miércoles, 21 de octubre de 2009

Comprensión do texto "Aprender a vivir"

O primeiro que tedes que facer e comprender o texto de Luc Ferry. Para elo deberedes respostar a pregunta que se plantexa para cada capítulo (en negrita). As seguintes preguntas axudaranvos a seguir o fio do discurso. Contestade primeiro a cada unha delas e despois facede unha sinteses de todas estas respostas parciais creando unha composición que responda á pregunta inicial.


CAPÍTULO I


En que consiste a Filosofía para Luc Ferry?


  • En que se diferencia doutras actividades humanas como a ciencia ou a política? E da relixión?

  • Explica esta opinión de L.F.: "As relixións defínense a si mesmas como doutrinas de salvación a través doutro? mentres que a Filosofía promete a salvación por un mesmo?".

  • Que papel xoga o diaño?

  • En que consistiu o pecado orixinal?

  • Cales son os dous argumentos polas que L.F. non acepta unha doutrina da salvación que recorra a Deus?

  • L.F. refírese a tres dimensións da Filosofía: teoría, ética e sabedoría. Poderías explicar en que consiste cada unha delas?

  • Que papel xoga o tempo (a temporalidade do ser humano) na reflexión filosófica?

  • Que papel xogan as ciencias naturais na reflexión filosófica?

  • En que lugar inscríbese a epistemoloxía?

  • Que reflexión suscita a existencia dos demais seres humanos?

  • Para que preocuparse por responder a todos estes interrogantes?

martes, 20 de octubre de 2009

CAPÍTULO II


Poderías explicar a relación entre as tres dimensións da filosofía estoica?

  • En que consiste esencialmente a realidade?
  • Que atopan de divino nela e que caracteriza a esa divindade?
  • Especialmente, trátase dunha divindade transcendente ou inmanente?
  • Que consecuencias éticas derívanse desta contemplación da realidade?
  • Que diferenza hai entre esta concepción moral e a actual democrática?
  • En que consiste a salvación para os estoicos? Como pretenden superar a finitude e a morte?
  • Explica algúns dos exercicios prácticos que se propón para alcanzar a sabedoría e eliminar o medo á morte.
  • Que debilidade da filosofía estoica deixa aberta a porta a outras reflexións, a outras filosofías?

lunes, 19 de octubre de 2009

A doutrina cristiá da salvación

CAPÍTULO III

  • Que catro razóns inducen a Luc Ferry a ocuparse do cristianismo nun libro dedicado á Filosofía?
  • Cales son os trazos teóricos diferenciais entre o cristianismo e o estoicismo?
  • Por que aos gregos e xudeus resúltalles inaceptable a idea do Deus feito Home?
  • Que significa que a Filosofía deixa de ser unha forma de sabedoría e convértese en escolástica?
  • Cales son as principais aportacións da ética cristiá?
  • Poderías explicar a doutrina cristiá da salvación?
  • En que consiste o amor de Deus e en que se diferencia doutras formas de amor?
  • Que ideas cristiás inflúen na actualidade?

domingo, 18 de octubre de 2009

CAPÍTULO IV

O HUMANISMO OU O NACEMENTO DA FILOSOFÍA MODERNA
¿Cales son os dous movementos dos que xorde a modernidade?
¿Cal é a orixe común destes movementos?
¿Cal é a razón pola que se fala de humanismo en relación co período histórico que dá paso á Modernidade segundo Luc Ferry?
1 A teoría.
¿En que consiste o cambio fundamental na teoría moderna? (que aparece expresado na CRP de Kant)
¿Que é o que caracteriza ao método experimental?
2 A ética.
¿Que é o que substitúe ao Cosmos e ao divino na nova fundamentación da ética?
¿Que é o que diferenza a ese fundamento do resto dos seres?
¿Que consecuencias despréndense desta diferenza?
¿Cales son os dous grandes principios da moral laica que resulta da nova antropoloxía de Rousseau e quen os expón?
¿Por que o “imperativo categórico” de Kant define a ética moderna?
¿Que significa que a ética aristocrática é substituída por unha ética meritocrática?
¿Que significa que a natureza e a divinidade foron substituídos polo “reino dos fins” como fundamento dunha nova orde moral?
¿Cales son as consecuencias políticas desta nova orde moral?
¿Que ideas aporta Descartes á modernidade?
3 A doutrina da salvación.
¿Cales son as dúas correntes ás que lla acolle a modernidade para elaborar unha teoría da salvación sen recorrer a ningún principio diferente á propia humanidade?

jueves, 10 de enero de 2008

Neste apartado podes enviar as túas suxerencias para mellorar o blog.

Nota (1): Xa está arranxado o problema da publicación sen darse de alta nunha conta de Google. Lamento os problemas que vos causou; xa sei que andades moi apurados de tempo. Síntoo de veras e gracias polas vosas recomendacións.

Nota (2): Podedes comentar dous capítulos por trimestre, empezando polo primeiro capítulo. Os que comentastedes os dous primeiros capítulos no primeiro trimestre podedes comentar o terceiro e o cuarto no segundo trimestre; os que comentastedes so un capítulo podedes comentar o segundo e o terceiro; os que non fixechedes comentarios debedes comenzar polo primeiro capítulo.